Cargando resultados...
Truss anuncia unha histórica baixada de impostos para impulsar a economía
Truss anuncia unha histórica baixada de impostos para impulsar a economía
A nova primeira ministra quere afrontar o aumento do custo da vida reducindo a presión fiscal
G24.gal
23/09/2022 16:23
Liz Truss rescatou as receitas económicas de Ronald Reagan, bautizadas como Trussonomics, e anunciou o maior recorte de impostos no Reino Unido no último medio século.
O seu secretario do Tesouro, Kwasi Kwarteng, anunciou a marcha atrás na subida do imposto de sociedades e no aumento das cotizacións á seguridade social previstos polo Goberno de Boris Jonhson.
Confirmou tamén a suspensión de impostos sobre os beneficios extraordinarios ás compañías enerxéticas. Por último anunciou tamén recortes no imposto de transmisións patrimoniais e no imposto da renda para partir do próximo ano, cun tope máximo do 40 % para os británicos máis ricos.