Publicador de contidos
Publicador de contidos

Turull, sobre a fuxida de Puigdemont: "Estivo en Barcelona ata as oito da tarde"

Turull, sobre a fuxida de Puigdemont: "Estivo en Barcelona ata as oito da tarde"

O secretario xeral de JxCat explicou que estivo en dous pisos da cidade ata que desistiu da súa intención de asistir á sesión de investidura do Parlament

 

O BOE publica a xubilación forzosa do xuíz Manuel García-Castellón

Carles Puigdemont, en Barcelona antes de fuxir de novo (EFE) Carles Puigdemont, en Barcelona antes de fuxir de novo (EFE)
G24.gal 02/09/2024 11:23

O secretario xeral de JxCat, Jordi Turull, asegurou que o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont permaneceu en Barcelona "ata as sete ou oito da tarde" do 8 de agosto antes de emprender a fuxida cara a Waterloo.

En declaracións a RAC1, Turull explicou que, tras baixar do escenario no Arco do Triunfo, Puigdemont trasladouse a un piso de Barcelona, no que estivo "ata o mediodía", cando tomou a decisión de volver a Waterloo ante a "imposibilidade" de asistir ao pleno de investidura de Salvador Illa como presidente da Generalitat.

Desde ese piso, dixo Turull, trasladouse a outro, tamén na capital catalá pero máis afastado das inmediacións do Parlament, e do que partiu cara ás oito da tarde.

Segundo explicou Turull, a intención de Puigdemont era a de acudir ao debate e entrar no Parlament, e tomou a decisión de fuxir ao ver que o dispositivo dos Mossos estaba na súa procura. Tamén negou a existencia de calquera acordo coa policía catalá para o arresto do expresident.

Puigdemont entrou en Cataluña pola autoestrada AP-7 o 6 de agosto, dous días antes de que se celebrase o debate de investidura, e tamén saíu por estrada o día 8, aínda que Turull non revelou que ruta utilizou, aínda que si dixo que regresou a Bélxica sen paradas.

"O problema non é Puigdemont, é un xuíz que debía aplicar a amnistía e non a aplicou", indicou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade