Publicador de contidos
Publicador de contidos

Txapote négase a declarar no xuízo polo asasinato do concelleiro do PP Manuel Zamarreño

Txapote négase a declarar no xuízo polo asasinato do concelleiro do PP Manuel Zamarreño

A Fiscalía pide para o exdirixente de ETA 120 anos de cárcere 

O escolta do edil asasinado relatou no xuízo as lesións que sufriu no atentado, hai 25 anos

G24.gal 24/01/2024 14:46

A Audiencia Nacional xulga dende hoxe os exdirixentes de ETA Javier García Gaztelu, Txapote, e Iranztu Gallastegi, Amaia, polo asasinato dun concelleiro do Partido Popular, Manuel Zamarreño en 1998. Os dous negáronse a declarar ante o tribunal, presidido polo maxistrado Fernando Andreu.

Txapote e Amaia enfróntanse a 120 anos de cárcere cada un. Están acusados de colocar nunha moto o artefacto explosivo que en xuño de 1998 acabou coa vida de Manuel Zamarreño en Rentería e feriu de gravidade o ertzaina que o escoltaba, que relataba no xuízo as lesións e as secuelas que lle produciu o atentado: "Quedei medio inconsciente, cego... Tiven rotura de tímpanos, operáronme e non funcionou... E tiven lesións por todo o corpo de metralla".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade