Cargando resultados...
UBS negocia a compra de Credit Suisse para intentar frear o contaxio bancario
UBS negocia a compra de Credit Suisse para intentar frear o contaxio bancario
As dúas entidades queren chegar a un acordo antes de que abran os mercados
UBS quere garantías do goberno suízo de que non terá perdas
G24.gal
18/03/2023 20:16
Última actualización 18/03/2023 20:45
UBS, o maior banco de Suíza, negocia a compra da segunda entidade do país, Credit Suisse, para intentar frear o contaxio bancario.
Os consellos de administración das dúas entidades, reunidos por separado, queren chegar a un acordo antes do luns, que abren os mercados. As conversas céntranse no custo da operación e en se UBS se fai coa totalidade do problemático Credit Suisse ou só cunha parte.
Segundo parece, os posibles compradores queren garantías do Goberno de que non van ter perdas. Tras coñecerse a información, as accións de Credit Suisse subiron un 9 % na bolsa de Zürich.