Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden denuncia que Rusia mantén unha postura "ameazante" contra Ucraína

Biden denuncia que Rusia mantén unha postura "ameazante" contra Ucraína

O presidente dos Estados Unidos di que "aínda non verificaron" o suposto repregamento ruso da fronteira con Ucraína

Biden compareceu desde a Sala Leste da Casa Branca
G24.gal 15/02/2022 19:12

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, denunciou este martes que Rusia mantén unha postura militar "ameazante" contra Ucraína e que aínda é "claramente posible" que invada o país, despois de que Moscova anunciara a retirada dalgunhas unidades militares. 

Nun discurso sobre Ucraína desde a Casa Branca, Biden dixo que o seu Goberno "aínda non verificou" o suposto repregamento de unidades rusas da fronteira con Ucraína e asegurou que aínda hai "máis de 150.000" soldados rusos arredor de Ucraína e Belarús.

Ucraína denuncia ciberataques contra webs do Goberno e varios bancos

O Centro para a Seguridade e a Información di que as páxinas atacadas son das Forzas Armadas, do Ministerio de Defensa e de bancos estatais Durante as últimas horas, Privatbank estivo baixo un ataque masivo de DoS (de denegación de servizo). Tamén hai fallos no Banco Estatal de Aforros de Ucraína, o Oschadbank  e os sitios do Ministerio de Defensa e das Forzas Armadas tamén foron atacados, segundo sinalou o Centro para a Seguridade e a Información nunha mensaxe na súa conta oficial de Facebook. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade