Ucraína esperta a tempo para manterse con vida na Eurocopa (2-1)
Ucraína esperta a tempo para manterse con vida na Eurocopa (2-1)
Eslovaquia adiantouse no primeiro tempo pero Shaparenko e Yaremchuk, este no minuto 80, conseguiron marcar os goles da remonta
Sen Lunin, fóra da titularidade logo dos erros cometidos diante de Romanía, Ucraína rexurdiu da súa derrota inicial e a un 1-0 en contra diante de Eslovaquia para sumar unha vitoria que os relanza nesta Euro'24. Foi unha remonta merecida polo xeito no que reaccionou contra a vantaxe e a superioridade eslovaca ao comezo do partido.
O primeiro cuarto de hora de partido foi nefasto para Ucraína, totalmente desbordada polo seu rival. Ata o gol só Trubin destacaba baixo os paus. O encontro acougou coa vantaxe do cadro centro europeo e na segunda metade os ucraínos foron a por todas conscientes de que a derrota os deixaba case fóra do torneo. Shaparenko cun remate na área e Yaremchuk, diante da apoteose de compañeiros e público, marcaron os goles que deixan con vida o cadro amarelo.
1 - Eslovaquia: Dubravka; Pekarik, Vavro, Skriniar, Hancko (Obert, m. 67); Kucka, Lobotzka, Duda (Strelec, m. 60); Schranz (Sauer, m. 86), Bozenik (Beres, m. 60) e Haraslin (Suslov, m. 67).
2 - Ucraína: Trubin; Tymchyk, Zabarnyi, Matviyenko, Zinchenko; Shaparenko (Tavolierov, m. 92), Brazhko (Sydorchuk, m. 85), Sudakov; Yarmolenko (Zubkov, m. 67), Dovbyk (Yaremchuk, m. 67), Mudryk (Malinovsky, m. 85).
Goles: 1-0, m. 17: Schranz. 1-1, m. 54: Shaparenko. 1-2, m. 80: Yaremchuk.