Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína reclama participar na negociación da paz con Rusia:"Non aceptaremos ningún acordo do que non sexamos parte"

Ucraína reclama participar na negociación da paz con Rusia:"Non aceptaremos ningún acordo do que non sexamos parte"

Putin reitera que o seu principal interlocutor vai ser Washington

Europa tamén reclama un papel nas conversas

Donald Trump non cre que Ucraína vaia recuperar todo o terreo invadido por Rusia e tampouco ve práctico que aspire a entrar na OTAN

 

 

Imaxe de arquivo
G24.gal 13/02/2025 19:59 Última actualización 13/02/2025 21:27

Comezan a emerxer as primeiras voces discordantes coa proposta de Donald Trump de negociar con Vladimir Putin a fin da guerra en Ucraína.

O seu presidente , Volodimir Zelenski, advirte que non aceptará ningun acordo de paz negociado ás súas costas.

Europa tamén reclama participar nas conversas e critica o que entende que son concesións do presidente estadounidense ao seu homólogo ruso.

Donald Trump non cre que Ucraína vaia recuperar todo o terreo invadido por Rusia.

Tampouco ve práctico... que aspire a entrar na OTAN.

Na Unión Europea non gustaron estas palabras: lamentable, dicía o ministro de Defensa alemán...facerlle a Rusia concesións antes de empezar a negociar a paz.

A conversa telefónica entre Trump e Putin sacudiu a xuntanza da OTAN en Bruxelas.

Europa teme quedar á marxe das conversas. A

alta representante comunitaria, Kaja Kallas, avisa que... calquera acordo ás nosas costas non funcionará.

Pero ninguén está máis intranquilo que Volodimir Zelenski.

Trump dubidaba cando lle preguntaban se o país invadido... debía estar na mesa ao mesmo nivel que Rusia ou os Estados Unidos....

Non aceptaremos ningún acordo do que non sexamos parte, advertía o presidente ucraíno.

Pero o voceiro do Kremlin reitera que o seu principal interlocutor vai ser Washington.

Previsiblemente, Trump e Putin vanse ver cara a cara en Arabia Saudita, unha cita á que o presidente de Ucraína non está convidado.

Sánchez amosa o seu apoio ao presidente ucraíno

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mantivo unha conversación telefónica co presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, na que lle trasladou o apoio de España na defensa da súa soberanía.

 "Unha guerra inxusta non pode terminar cun acordo de paz inxusto", escribiu nunha mensaxe na rede social X, explicitando que Ucraína "pode seguir contando con España".

"Este apoio vai máis aló das palabras, como demostramos nestes últimos tres anos. Europa seguirá apoiando a aspiración de Ucraína a unha paz xusta e duradeira. Ucraína quere a paz e Europa quere a paz", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade