Publicador de contidos
Publicador de contidos

Últimos días para buscar os xoguetes máis solicitados nas cartas dos Reis Magos

Últimos días para buscar os xoguetes máis solicitados nas cartas dos Reis Magos

A boneca Nacy de Aitana é o xoguete estrela deste Nadal e está agotada nas tendas e en Internet

Entre os máis vendidos están os das series favoritas de debuxos como Pokemon ou a Patrulla Canina

Os máis pequenos volvenp edir xoguetes como os Tamagotchi e o Furbi

Moita actividade nas xogueterías dous días antes da chegada dos Reis Magos
G24.gal 03/01/2024 21:17 Última actualización 03/01/2024 21:42

Os Reis Magos xa están na Coruña, pero falta xa moi pouco para que comecen a percorrer todas as casas galegas para deixar os seus agasallos. Achégase un dos momentos máis especiais do ano para os máis pequenos e vemos nas xogueterías cales son os máis solicitados. 

Hai unha morea de bonecas Nancy, pero a de Aitana é xa case imposible conseguila nas tendas nin en Internet.

Son días de moito traballo nas xogueterías, queda moi pouco para a noite de Reis, e con algo de axuda tratan de completar os desexos que lles pediron os máis pequenos nas súas cartas.

Entre os máis solicitados están os xoguetes das súas series favoritas, os de montaxe de pezas, xogos de mesa e tamén volven outros que xa estiveron de moda hai anos, como o Furby ou o Tamagotchi

Ademais das últimas novidades tecnolóxicas, hai xoguetes para todos os gustos. Os que non a fixeron aínda, están a tempo de escribir a carta coas súas peticións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos