Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ataque ruso contra Chernihiv deixa polo menos sete mortos e un cento de feridos

Un ataque ruso contra Chernihiv deixa polo menos sete mortos e un cento de feridos

O impacto dos mísiles rusos na cidade ucraína causa ademais 117 feridos

Un dos edificios atacado é o teatro da cidade, que estaba cheo de nenos que visitaban unha exposición sobre drons

O teatro de Chernihiv atacado mentres estaba cheo de nenos O teatro de Chernihiv atacado mentres estaba cheo de nenos
G24.gal 19/08/2023 13:35 Última actualización 19/08/2023 18:41

O Ministerio do Interior ucraíno informa de que polo menos sete persoas morreron, entre elas un neno de seis anos, e outras 117 resultaron feridas nun ataque ruso contra Chernihiv, no norte de Ucraína.

Os mísiles impactaron cara ao mediodía, cando o centro desa cidade do norte de Ucraína estaba especialmente concorrido por ser unha festividade e dirixirse moitos cidadáns a un oficio relixioso.

Polo menos un mísil impactou directamente sobre o teatro Dramático, prosegue a mensaxe do ministro, recollido polo portal Ukrinform. "Todos os servizos de emerxencia están a traballar no lugar. Desafortunadamente hai información sobre mortos", comunicara anteriormente a alcaldía da cidade do norte de Ucraína, para pedir a continuación aos cidadáns que acudiran de inmediato aos seus refuxios.

Chernihiv, a 140 quilómetros ao norte de Kiev, foi unha cidade baixo asedio constante por parte as tropas rusas desde o inicio da invasión, aínda que o exército ucraíno logrou conter os seus ataques e impedir que caera baixo o control inimigo.

O ataque deste sábado impactou en pleno centro da cidade e causou desfeitas no mencionado teatro, así como na Universidade, segundo informou o presidente do país, Volodímir Zelenski, a través da súa conta en X -antes twitter-.

"Isto é o que significa vivir preto dun estado terrorista", escribiu o líder ucraíno, quen pouco antes anunciara por ese mesmo medio a súa chegada a Suecia, onde ten previsto reunirse co seu primeiro ministro, Ulf Kristersson, e co rei Carlos Gustavo.

A súa dona Olena, que lle acompaña nesa visita de traballo, expresou así mesmo a través de X a súa dor polo ataque, onde destacou que o que ía ser unha festividade converteuse "nun día de dor e perdas humanas".

O líder ruso, Vladimir Putin, presidiu unha reunión do Estado Maior sobre a marcha da campaña militar en Ucraína, na que nas últimas semanas as tropas rusas están a avanzar na fronte nororiental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade