Un bebé morto e seis feridos nun atropelo múltiple en Lanzarote
Un bebé morto e seis feridos nun atropelo múltiple en Lanzarote
Unha condutora británica de 23 anos, residente no municipio, perdeu o control do seu coche e atropelou varias persoas que camiñaban pola beirarrúa
A Policía Local abríu unha investigación para determinar se conducía baixo os efectos do alcol e das drogas
Un bebé faleceu e seis persoas quedaron feridas, dúas delas graves, ao seren atropeladas en Playa Blanco, Lanzarote, por unha condutora que presentaba signos de estar baixo os efectos do alcol e as drogas, informou o Concello de Yaiza.
O atropelo ocorreu ás 18:20 horas deste luns na rúa Archipiélago dunha das principais localidades turísticas de Lanzarote, cando unha condutora británica de 23 anos, residente no municipio, perdeu o control do seu coche e atropelou varias familias de turistas que camiñaban pola beirarrúa.
Como consecuencia do impacto, faleceu un neno de cinco a seis meses e seis persoas sufriron lesións.
Dúas delas, mulleres, foron evacuadas polos servizos de emerxencia en estado grave, unha en ambulancia ao hospital de Arrecife e a outra en helicóptero a un hospital das Palmas de Gran Canaria, dado o cariz das súas lesións, precisa o 112.
El personal sanitario #SUC confirma el fallecimiento de un bebé, de unos 5 meses, tras un atropello múltiple en la Avenida Archipiélago, Yaiza #Lanzarote
— 1-1-2 Canarias (@112canarias) March 11, 2024
➡️Dos mujeres resultan heridas de carácter grave y otras tres personas con lesiones de carácter moderado pic.twitter.com/HcB5yA1P6T
Os outro catro feridos son dúas mulleres e dous homes que sufriron lesións e contusións de carácter moderado polas que ingresaron no hospital de Arrecife, detallan fontes municipais.
O Consistorio asegura que a condutora, "no lugar dos feitos, presentaba indicios de ir baixo a influencia do alcol e a droga", polo que a Policía Local abriu unha investigación.
"O Concello de Yaiza traslada a súa solidariedade ás vítimas e familiares e agradece a intervención coordinada de todos os corpos de seguridade e emerxencias", engade a corporación.