Un avión militar español chega a Djibuti para evacuar 80 persoas do Sudán
Un avión militar español chega a Djibuti para evacuar 80 persoas do Sudán
Son de orixe española, europea e suramericana e quedaran atrapadas no país
Un avión de transporte militar do Exército do Aire chegou este venres a Djibuti como parte do operativo que prepara España para evacuar unhas 80 persoas, de orixe española, europea e suramericana, atrapadas no Sudán.
O Exército sudanés e o grupo paramilitar Forzas de Apoio Rápido (FAR) aceptaron unha tregua de tres días, que coincide coa festividade do mes sacro do Ramadán, a proposta da ONU para permitir os servizos humanitarios.
"As Forzas Armadas aceptaron unha tregua por un período de tres días, a partir deste venres 21 de abril, para permitir os cidadáns celebrar o Aíd al Fitr e para o movemento dos servizos humanitarios", sinalaron nun conciso comunicado.
Mediación
O presidente de Kenya, William Ruto, ofreceu o seu país para albergar un "proceso de mediación" entre as dúas partes enfrontadas.
O mandatario tamén urxiu a Unión Africana (UA), a ONU e a Autoridade Intergobernamental para o Desenvolvemento (IGAD), un bloque de oito países de África Oriental a "mobilizar unha coalición internacional efectiva para apoiar unha axenda integral de establecemento da paz".