Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un B1 ou C1, pero de novas tecnoloxías

Un B1 ou C1, pero de novas tecnoloxías

O sistema educativo galego será o primeiro en homologar as competencias dixitais

G24.gal 01/02/2023 12:56

O sistema educativo galego será o primeiro de España en poñer en marcha un sistema de homologación das competencias tecnolóxicas. Para os alumnos será similar ao que usan as escolas de idiomas, de xeito que ao remate de cada ciclo contarán un B1 ou ou C1 que acredite o seu nivel de destreza coas novas tecnoloxías. 

O obxectivo é que o novo sistema, que se presentou hoxe ante 800 directores de centros educativos galegos, estea instaurado a un 80 % ao remate do curso que vén, en xuño de 2024.

Terá unha dobre vertente: primeiro, incrementar as competencias tecnolóxicas do profesorado, que poderán acreditarse con cursos de formación. E o segundo obxectivo é dotar os alumnos dunha acreditación, similar á que fan as escolas de idiomas, pero nos que os B1 ou C1 informen do nivel de destreza dixital.

"Para cando se presenten a unha entrevista de traballo ou envíen o currículo a unha empresa, pois se saiba o nivel de competencia dixital e tecnolóxica que ten cada un dos nosos alumnos. Para que cando un deles vaia a unha empresa diga eu teño o B1 ou C1 e telo acreditado e non só dicir bo ou malo. Eu penso que iso pode abrir moitas portas", explicou o conselleiro, Román Rodríguez.

Eses niveis van ligados a cada ciclo, de primaria, secundaria, FP ou tamén a educación para adultos. Irá referendado por unha proba.

O investimento para poñer en marcha este sistema supera os 9 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade