Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asaltan un bar en Noia por cuarta vez en dez meses

Asaltan un bar en Noia por cuarta vez en dez meses

Escacharon a cristaleira para chegar á maquina do tabaco, que levaron nun coche roubado

Imaxe da fachada do bar asaltado o luns de madrugada na Barquiña, Noia
G24.gal 04/06/2024 14:10

A pegada do último roubo neste bar da zona da Barquiña, en Noia, permanece dous días despois do asalto que realizaron tres individuos de madrugada.

Escacharon a cristaleira para entrar no local e chegar ao seu obxectivo: a máquina do tabaco. En pouco tempo arrincárona da suxeición que tiña ao chan, cargárona nun coche, ao parecer roubado, e fuxiron. O luns á mañá, os clientes encontrábanse cunha situación que se está a repetir nos últimos meses.

"Aquí, xa lle digo, hai un mes e pico chegamos un día e estaba a porta rota. Polo tanto, en tres meses, dúas veces que eu saiba", José Oujo, cliente do bar.

En menos de dez meses, segundo nos contaba o camareiro, levan catro asaltos nocturnos. Nos anteriores rebentáronlle a porta para levar unha máquina comercartos, ou unha de apostas. A acción quedou rexistrada na videovixilancia do establecemento e na exterior desta zona comercial noiesa:

"Alberto, que é o dono de aquí, díxome que el á noite recolle todo, pero sempre queda o que é o solto ou o das máquinas. Un día sacaron a máquina e deixárona alí, desfeida, a comecartos", di Oujo.

Desta volta foi a máquina do tabaco propiedade dun estanco da vila. Ao parecer, a máquina roubada apareceu onte no concello de Vila de Cruces, evidentemente esnaquizada e baleirada de cartos e de produto. Segundo o dono do bar, entre os estragos e o material, a factura deste roubo ascende a uns dez mil euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos