Un camión con mercadoría inflamable perde parte da carga e obriga a pechar un carril na AP-9, en Cambre
Un camión con mercadoría inflamable perde parte da carga e obriga a pechar un carril na AP-9, en Cambre
Un camión con mercadoría inflamable perde parte da carga e obriga a pechar un carril na AP-9, en Cambre
Levaba bombonas de osíxeno e acetileno, o que provocou que estea interrompida a circulación por un carril da AP-9
A Xunta activa o Plan de Protección Civil por accidentes con vehículos de transportes especiais, Transgal, co fin de controlar e xestionar o derramo da carga
A Xunta activa o Plan de Protección Civil por accidentes con vehículos de transportes especiais, Transgal, co fin de controlar e xestionar o derrame da carga dun camión en Cambre.
Un camión de transporte perdeu parte da carga mentres circulaba pola AP-9. Levaba bombonas de osíxeno e acetileno o que provocou que estea interrompida a circulación por un carril da AP-9. Foi no punto quilométrico 12, en Cambre, sentido á Coruña.
Os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local procederon a interromper a circulación nun dos carrís en sentido á cidade herculina e estudan posibles alternativas.
Pola súa banda, os Bombeiros de Betanzos instalaron dúas vías de refrixeración para manter a temperatura necesaria dos contedores de acetileno e evitar desta maneira riscos. O resto das bombonas con perdas conteñen osíxeno, argón e nitróxeno, que, ao estaren ao aire libre, non representan perigo algún para a poboación.
Para estas tarefas, os efectivos do parque comarcal contan co apoio e colaboración dos efectivos do servizo local de Protección Civil e tamén do persoal da autoestrada. Os equipos de emerxencias manteñen a situación controlada ata a completa e segura retirada dos contedores.
O operativo configurouse despois de que o 112 Galicia recibira as chamadas de alerta de condutores e veciños, que observaron como o camión cargado de bombonas perdía parte da carga a causa dun accidente.
Apreciaron certo olor a gas, o que lles fuxo sospeitar dunha fuga. Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron en marcha todos os protocolos, mentres que os técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activaban o Plan Transgal para a protección das persoas.