Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un camión queda encaixado en Ribeira entre as casas por seguir o GPS

Un camión queda encaixado en Ribeira entre as casas por seguir o GPS

O camión provocou danos en tres vivendas de Deán Grande, e unha delas tiveron que derrubala

Trátase dunha situación reiterada porque o GPS está orientado a turismos, e non a vehículos grandes

G24.gal 27/11/2024 14:47

O GPS indica a entrada para Deán Grande, unha indicación boa para un turismo pero un erro para un camión.

"Un erro típico onde o GPS mete ao chofer por onde non debe", apunta Tito Pintado, un dos afectados.

A estrada estréitase ao entrar en Deán Grande, e convértese nun auténtico labirinto entre casas. 
O camioneiro foi avanzando, aínda non se entende como, ata quedar encaixado.

"Sentín un estrondo tremendo, unha cousa moi rara, como se fora unha apisoadora e saín por unha ventá que teño dese lado e xa vin o camión encaixado nas paredes", explica María José Rodríguez, propietaria dunha das vivendas.

O camión arrancou o canlón dunha das casas e estragou unha parte do tellado da que está pegada. No outro lado, o dano foi peor. Sorte que a casa xa estaba abandonada. 

"Era unha casa antiga que as paredes son de pedra, pero feita de barro e aínda que o derribo non era tanto como se ve agora, había perigo de que caera sobre algún viandante e por iso decidimos sacarlle esa altura", sinala Tito.

O camión dirixíase a unha fábrica que está ao outro lado da aldea. Non foi o primeiro que caeu na trampa e os veciños contan con que non será o último.

"Hai unha empresa de envases e, aínda que ten acceso polo outro lado, si que moitas veces teñen problemas os camións e non é a primeira vez que ocorre", confirma Tito Valverde

"Por aquí, imposible. Xa non sei como pasou pola parte de abaixo, que é moi estreitiño", engade María José Rodríguez.

Se chegar ata aquí, foi difícil. Saír foi máis complicado aínda. Foron cinco horas de manobras e de moita, moita paciencia. Conseguírono marcha atrás, e finalmente, o camión marchou por onde viñera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos