Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un composto químico nos envases alimentarios pode danar o sistema inmunitario

Un composto químico nos envases alimentarios pode danar o sistema inmunitario

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria alerta do perigo de consumir bisfenol A

Esta prohibido en España, pero os envases plásticos alimentarios chegan de países nos que está permitido

Supermercados e tendas seguen vendendo alimentos en envases que conteñen o bisfenol A
G24.gal 24/04/2023 14:18

O bisfenol A é un composto químico que se usa na fabricación de envases de alimentos e en produtos plásticos de uso diario, como friameiras ou xoguetes.

Os científicos alertan dende hai anos da súa toxicidade, e a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria concreta agora que pode ser un risco para o sistema inmunitario.

"Produce inflamación no noso sistema inmunitario, se se consome de forma continuada durante un período longo de tempo pode producir desequilibrios o noso sistema inmunitario e pode predispor a xente a enfermidades autoinmunes ou alérxicas", di José Gómez Rial,
inmunólogo do Hospital Clínico de Santiago

O produto transfírese aos alimentos sobre todo cando se somete a altas temperaturas, polo que non é recomendable quentar os envases no microondas ou expoñelos ao sol.

Malia que está prohibido en moitos paises, entre eles España, ao non haber unha normativa homologada, o bisfenol A segue estando nos alimentos que se venden en tendas e supermercados de todo o Estado.

"Que haxa unha normativa, digamos a nivel europeo e mundial, porque ao final os envases plásticos que se venden en España proveñen doutros países", engade Gómez Rial.

Aínda que a inxestión diaria de bisfenol A a través de comida enladada ou plastificada é mínima, ao longo do tempo pode ser acumulativa e danar a saúde.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade