A feira L de Lugo reúne distribuidores de alimentos e bebidas con produtores de artigos de calidade
A feira L de Lugo reúne distribuidores de alimentos e bebidas con produtores de artigos de calidade
Na mostra participan 150 expositores, case 200 marcas e 150 adegas
É a cuarta edición dun evento no que tamén hai catas e degustacións
A feira L de Lugo reúne distribuidores de bebidas e alimentos xunto con produtores de artigos galegos de calidade, unha oportunidade para achegarse ao sector da hostalería e gozar de experiencias culinarias en vivo.
Participan 200 marcas, 150 adegas de denominacións de orixe galegas e nacionais e tamén hai a posibilidade de degustar pan galego e achegarse ao traballo de baristas e expertos en coctelería.
Hai oco igualmente para catas e degustacións. No posto da Axencia Galega de Calidade Alimentaria promociónanse desde aceites, a xeados, queixos ou galletas.
Unha feira aberta ao público que fai máis próximos os produtos de calidade.