Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un desprendemento na estrada OU-540 obriga a cortar dous carrís

Un desprendemento na estrada OU-540 obriga a cortar dous carrís

Varias pedras, de grandes dimensións, caeron sobre a calzada no termo municipal de Lobios

G24.gal 03/03/2024 11:23

Un desprendemento de pedras sobre a estrada OU-540, ao seu paso polo termo municipal de Lobios, obrigou aos servizos de emerxencias a cortar os dous carrís sentido Ourense.

Segundo informou a Garda Civil, os axentes recibiron o aviso sobre as 19:20 horas deste sábado. As pedras, de grandes dimensións, caeron á altura do quilómetro 57.

Ademais das patrullas de seguridade cidadá e de Tráfico, tamén acudiron ata o lugar membros do GES de Lobios e persoal de mantemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade