Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un día de traballo no helicóptero medicalizado do 061

Un día de traballo no helicóptero medicalizado do 061

Os equipos das dúas bases, Santiago e Ourense, atenderon 928 emerxencias en 2024

Permite levar o equipo médico a lugares de acceso difícil e trasladar o paciente en moi pouco tempo ao hospital

G24.gal 30/03/2025 13:23

Os helicópteros medicalizados do 061 realizaron durante o ano pasado máis de 920 intervencións en situacións de emerxencia. Dous equipos, un coa base asistencial en Ourense e outro en Santiago, cobren todo o territorio galego.

Unha chamada activa o equipo do helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense. Acaban de recibir un aviso dunha situación de emerxencia e saen para atendela canto antes.  

"Actívase un servizo e todo cambia. Todo é actividade, todo é estar preparados para saír o máis rápido posible e estar listos para facernos cargo de situacións moi urxentes nós sós. Habitualmente son servizos de pacientes accidentados, graves e moitas veces politraumatizados", asegura Marcos Penas, médico do 061

"Actívase un servizo e todo cambia. Todo é actividade, todo é estar preparados para saír o máis rápido posible e estar listos para facernos cargo de situacións moi urxentes nós sós", di Lucía Álvarez, enfermeira do 061.

Aos mandos do helicóptero piloto e copiloto, que achegan os médicos no menor tempo posible e trasladan o paciente ata o hospital condicionados sempre polas condicións atmosféricas e polo terreo.

"Á hora de aterrar nun lugar hai terreos pequenos, que poden ter inclinación, pódese dar a situación de que saia un plástico ou un obxecto voando", explica Xavier Monerris, piloto do helicóptero.

Cada minuto conta nos casos en que eles interveñen, e cando volven á base despois dun servizo, a maior satisfacción é cumprir co cometido: deixar no hospital un paciente que de non ser por eles tería un prognóstico máis complicado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade