Cargando resultados...
Un día para o inicio do Mundial máis polémico
G24.gal
19/11/2022 14:39
Mañá comeza, por fin, o controvertido Mundial de Qatar. Nunha estación coma esta na que andamos do outono, trinta e dous equipos xogaran en oito estadios, todos moi preto uns dos outros, polo título de campión do mundo, que posúe Francia desde 2018.
España non xoga ata o mércores, pero xa hai moito ambiente en Qatar. Valados publicitarios luminosos, estadios de deseño construídos en tempo récord cun alto custo persoal... e afeccionados contratados, ou non, pero moi buliciosos... van metendo entre os seareiros a sensación de que o realmente importante, o fútbol, está a piques de comezar. Mañá, ás cinco, o primeiro partido.