Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pediatras que testan a vacina en nenos tranquilizan os pais con dúbidas

Os pediatras que testan a vacina en nenos tranquilizan os pais con dúbidas

Os cativos sen vacinar concentran boa parte dos contaxios nesta sexta vaga

G24.gal 06/02/2022 20:41

Os nenos colocáronse á cabeza en incidencia acumulada nesta sexta vaga da pandemia. Os menores de cinco anos, que aínda non foron vacinados, concentran o maior número de contaxios. A maioría pasa a infección sen síntomas ou con síntomas leves.

"Pero non hai que esquecer que unha porcentaxe pequena, uns 400 ou 500 nenos estiveron hospitalizados nesta sexta vaga e máis de 50 en ucis pediátricas. Por tanto, se podemos protexelos, mellor".

O pediatra Ignacio Salamanca, á fronte da área de investigación do Instituto Hispalense de Pediatria, vén desenvolvendo ensaios clínicos sobre a seguridade dos soros entre os menores e tranquiliza os pais con dúbidas.

"Garantizamos que o perfil de seguridade vai ser igual cando estea autorizado nos máis pequenos, nos menores de cinco anos, que en todos os demais cortes de idade xa vacinados".

No Instituto Hispalense de Pediatría tamén están investigando canto dura a inmunidade nos nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade