Un Ed Sheeran xenial fixo vibrar o Gozo Festival en Compostela
Un Ed Sheeran xenial fixo vibrar o Gozo Festival en Compostela
O cantante británico reinou no escenario sen coreografías nin bandas ante máis de 30.000 persoas
A música en directo no Gozo incluíu actuacións de Fillas de Cassandra, Angelina Mango, Bomba Estéreo ou Micky Chance
Ataviado cunha camiseta do seu equipo de fútbol, Ed Sheeran, saíu ao escenario do Gozo Festival, en Santiago para deleitar os máis de 30.000 asistentes ao seu concerto. Era a súa primeira visita a Galicia.
Primeiro dos seus temas Castle on the Hill, para abrir boca, e asi unha tras outra Take it Back, Don´t thinking out loud, Photograph ou Perfect o Shape of you. Un éxito tras outro e só mudando de guitarra entre canción e canción.
Sen artificios nin coreografías Sheeran trinufou no seu concerto en Santiago. A xornada musical inaugurouna o emerxente dúo galego de folk Fillas de Cassandra. O dúo Micky Chance fixo bailar o auditorio antes de que a estrela da noite, Ed Sheeran, marabillara os asistentes.