Un edificio da Palloza infestado por un niño de chinches pon en risco os veciños
Un edificio da Palloza infestado por un niño de chinches pon en risco os veciños
Quéixanse de non ter axuda das institucións nun tema de saúde pública
O bloque número 2 da Palloza está vivindo un auténtico inferno pola existencia de niños de chinches neste edificio. Os insectos vense mover polas cornixas e paredes das vivendas. Pese a todo, a comunidade de veciños segue a comunicar nas caixas de correo a existencia deste problema de saúde pública no interior do seu bloque. Quéixanse de non ter axuda das institucións.
Aquí vemos imaxes dos brazos dalgúns veciños afectados polas picaduras. No bloque viven case 300 persoas, e algunhas vivendas xa se fumigaron varias veces.
A empresa de control de pragas Plaguiboom foi a que limpou e asegura que o foco é grave e o grao de infestación superior ao admisible. O posible foco é o 6 C, que volve poñer en risco as vivendas xa tratadas e o os edificios lindeiros poderían verse afectados.
Para tentar evitar máis infestación hai que sacar colchóns e parte do mobiliario das vivendas, e todo ben envolto en plástico para que non se estendan os niños de chinches.