Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un emprendedor galego está detrás das motos eléctricas con batería extraíble

Un emprendedor galego está detrás das motos eléctricas con batería extraíble

Emilio Froján é un dos emprendedores máis influentes de España

As motos Velca están entre as máis vendidas e ábrense a novos mercados

G24.gal 08/07/2024 14:14

Foi en 2020 cando Emilio Froján apostou de cheo polo mobilidade eléctrica. Estudou a situación do mercado e os inconvenientes que presentaban os potenciais clientes e acadou solucións para as necesidades actuais.

"Nós vimos que o principal motivo polo que a xente non mercaba unha moto eléctrica era pola infraestrutura de carga. Nós iso solucionámolo facendo motos eléctricas con baterías extraíbles que se poden cargar nun enchufe doméstico, igual que se carga un teléfono móbil", conta Emilio Froján, cofundador e CEO de Velca.

Agora ten unha empresa punteira que non para de medrar. Di que non hai trucos nin sorte, que a clave é a formación e que a receita para o éxito é estar preparado. Velca arrancou en 2020 e en só catro anos é xa todo un referente.

"Agora en 2024 somos a segunda marca con máis matriculacións de motos eléctricas. Para nós é un orgullo absoluto e en 2025 intentaremos pelexar para ser a número un", sinala Emilio Froján, cofundador e CEO de Velca.

Na cabeza deste emprendedor non paran de xurdir proxectos. Agora céntranse en novos mercados. Acaban de chegar a Portugal, abren tamén mercado en Suíza e xa teñen a ollada posta en Alemaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos