Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Castrelo, en Cambados, recontan os danos causados polo remuíño de vento

Veciños de Castrelo, en Cambados, recontan os danos causados polo remuíño de vento

O forte remuíño que viña do mar podería tratarse dunha manga mariña, un fenómeno pouco común en Galicia pero que pode ser moi destrutivo

O temporal Irene deixa unha vintena de incidencias en Santiago

Múltiples incidencias de madrugada no Morrazo

G24.gal 18/01/2024 14:17 Última actualización 18/01/2024 14:34

O temporal Irene deixou moita chuvia e fortes rechachos de vento, pero tamén numerosos desperfectos, especialmente na comarca do Salnés. Na parroquia de Castrelo, en Cambados, seguen avaliando os danos causados por un forte remuíño que levou por diante todo o que foi atopando ao seu paso ao longo dun quilómetro.

Parte dos tellados de varias vivendas saíron voando por mor dun forte remuíño que viña do mar e que podería tratarse dunha manga mariña, un fenómeno pouco común en Galicia pero que pode ser moi destrutivo.

Os veciños da parroquia cambadesa de Castrelo aínda están impresionados pola forza e o estrondo do remuíño que atrevesou a zona onte pola mañá.

Unha vez en terra a manga mariña disolveuse deseguida, pero aínda así ao longo dun quilómetro levou por diante colectores de lixo, invernadoiros con cultivos e mesmo muros de pedra.

Hoxe co novo día fan reconto dos danos causados. Segundo o Servizo de Emerxencias de Cambados, hai unhas dez vivendas afectadas e unha nave industrial.

Con todo, malia o gran susto que levaron, todo quedou en danos materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade