Un galego participará na marcha ciclista previa ao congreso internacional de párkinson
Un galego participará na marcha ciclista previa ao congreso internacional de párkinson
Queren sensibilizar a sociedade con esta doenza e favorecer a práctica do deporte
Óscar, de 45 anos, é o máis novo de Galicia que padece esta doenza dos que están no colectivo "Pedaleando con párkinson". Natural de Vigo, reside en Moaña. Será un dos que participe na carreira.
El coñeceu a súa enfermidade en 2021. Foi un golpe, apartouno do traballo, xa que estaba en automoción, onde cómpre ter gran precisión no movemento e respectar os tempos da cadea. O deporte, que sempre practicou, está sendo vital para o seu mantemento e a súa calidade de vida.
Óscar nada, practica remo e obviamente bicicleta. Alértanos de que o xeito de vida actual está facendo que esta doenza se detecte cada vez a idades máis temperás e en xente nova polo que piden que sexamos máis empáticos e solidarios con eles.