Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home ferido grave en Ourense tras ser agredido cun machete na cabeza

Un home ferido grave en Ourense tras ser agredido cun machete na cabeza

A xuíza decretou prisión sen fianza para un dos dous detidos pola agresión

G24.gal 06/03/2023 14:47 Última actualización 06/03/2023 19:09

A maxistrada do Xulgado de Instrución nº3 de Ourense decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza dun dos dous detidos por agredir outro mozo á saída dunha discoteca.

Está acusado dun delito de tentativa de homicidio e doutro de tenencia ilícita de armas.

O outro dos arrestados por este caso quedou en liberdade investigado por un delito de encubrimento, sen prexuízo de que poida cambiar ao longo da instrución.  

A agresión aconteceu nas inmediacións dunha coñecida discoteca da zona de marcha de Ourense ruante a fin de semana. Alí, presuntamente, durante unha liorta dous mozos golpearon a outro na cabeza cun machete duns corenta centímetros.

Cando chegaron os axentes, os presuntos autores da agresión xa escaparan cara á zona dos viños. 

Foi a propia vítima a que conseguiu identificalos. Fontes próximas á investigación aseguran que se trata de dous mozos de 20 e 25 anos.

A vítima, ferida de gravidade na cabeza, ensinoulles aos axentes unha fotografía dos seus agresores. A un deles atopárono pouco despois na rúa. Dixo que nada tiña que ver coa agresión e que o responsable fora o seu compañeiro de piso. 

O outro home entregouse sen opoñer resistencia cando a policía foi á súa casa. O presunto agresor ten antecedentes por delitos similares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade