Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio arrasa a vivenda dun gandeiro de Friol

Un incendio arrasa a vivenda dun gandeiro de Friol

Investíganse as causas polas que comezou o lume

A casa ardeu por completo en pouco máis dunha hora

Vivenda tras o incendio
Andrés Pavón/Jorge Pereira 07/08/2024 19:35 Última actualización 07/08/2024 19:48

A garda civil investiga as causas polas que se produciu o incendio que deixou reducida a ruínas esta casa do Burgo de Negral, en Friol. O seu propietario estaba a traballar nunha leira próxima pero, cando se decatou de que saía fume polo tellado, xa non se puido facer nada por salvar o inmoble.

"Non sabemos o que pasou. Saín da casa e en cinco minutos xa saía fume polo tubo do quentador e estaba todo ardendo", explica José Peteiro, dono da casa.

"El quería entrar na casa pero estaba claro que era un perigo para calquera incluso achegarse a ela", aclara José Fernández, pedáneo do Burgo.

Nun primeiro momento os veciños tentaron apagar o lume cunha cisterna pero foi imposible. Os bombeiros de Vilalba e o GES de Friol tan só puideron evitar que as lapas se espallaran ata o resto da propiedade, onde se garda ferramenta, maquinaria e forraxe e onde dormen os cans e as pitas.

"Temos ao lado outras cousas da casa pero eu pensei que era mellor que arderan que xogarnos aí a vida. Por sorte, salváronse", di José.

Aínda que perdeu todas as súas pertenzas, José di que vai seguir traballando para superar canto antes esta terrible situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade