Un incendio arrasa unha casa de madeira en Antas de Ulla
Un incendio arrasa unha casa de madeira en Antas de Ulla
Non quedou nada dunha casa de madeira situada no lugar de Santiso, no concello lugués de Antas de Ulla. Malia os esforzos dos bombeiros de Chantada e do equipo do GES de Monterroso as lapas devoraron por completo a construción.
Nese momento non había ninguén no interior, a dona da vivenda saíra, e foi ela a que avisou o 112 ao ver a súa casa envolta polo lume. Non sufriu danos, pero quedou sen nada. Todo a punta que o incendio comezou nunha cheminea que estaba acesa. A media tarde o equipo do GES de Monterroso seguía arrefriando a zona.
Máis de 20 anos de vida nesta casa quedaron calcinados polo lume. O alcalde de Antas de Ulla asegura que xa lle ofreceu á familia pasar uns días nun hotel, porque aínda que ten outra vivenda non ten auga nin luz. O rexedor di que desde Servizos Sociais van facer todo o posible para buscarlles unha solución.