Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina de madrugada un 'chiringuito' de praia en Ribeira

Un incendio calcina de madrugada un 'chiringuito' de praia en Ribeira

Non houbo feridos, pero as lapas destruíron por completo o local

O bar está situado na praia de Aguiño O bar está situado na praia de Aguiño
G24.gal 30/07/2023 10:00 Última actualización 30/07/2023 10:32

Un incendio destruíu un chiringuito da praia de Aguiño, no concello de Ribeira. Segundo informa o 112, non houbo feridos como consecuencia do lume, pero as instalacións do bar quedaron calcinadas.

Foi un particular quen alertou do incendio ás cinco e media da madrugada. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ribeira e Boiro, efectivos da Policía Local e Nacional e membros do grupo local de emerxencias.

Tras case tres horas de traballo, os equipos de extinción lograron apagar o lume, aínda que con graves consecuencias para a estrutura, pois quedou completamente danada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade