Un incendio calcina o 70% da estrutura do templo budista de Ventoselo en San Amaro
Un incendio calcina o 70% da estrutura do templo budista de Ventoselo en San Amaro
O lume afectou dous terzos da estrutura principal de madeira e xa está controlado
Os bombeiros seguen realizando labores de arrefriado da zona
Un incendio calcinou o 70% da estrutura de madeira do templo budista do mosteiro Chu Sup Tsang, situado no lugar de Ventoselo, no municipio ourensán de San Amaro.
A central de emerxencias do 112 recibiu unha chamada da Garda Civil sobre as catro da tarde deste martes alertando dun incendio á altura do número 3 de Ventoselo. Tamén indicaron que non había persoas afectadas e deseguida puxéronse en marcha os bombeiros do Carballiño e tamén efectivos de Protección Civil do municipio.
O lume afectou dous terzos da estrutura principal de madeira e xa está controlado, mentres os bombeiros seguen realizando labores de arrefriado da zona.