Cargando resultados...
Un incendio deixa sen vivenda unha familia de Sober
Un incendio deixa sen vivenda unha familia de Sober
O lume comezou pola sobrecarga dunha cheminea
A familia perdeu todas as súas pertenzas
G24.gal
27/12/2023 19:55
Última actualización 27/12/2023 20:24
O lume comezou por causa dunha cheminea. A estrutura de madeira da casa ardeu con moita facilidade e a familia que a ocupaba perdeu canto tiña.
Por sorte, só o pai se atopaba na vivenda e puido salvarse el e as súas ovellas e galiñas.
Os bombeiros de Monforte só puideron salvar unha pequena parte na traseira do inmoble e evitar que o lume chegara ás casas lindeiras, todas elas moi antigas e de estrutura de madeira.
A muller e o fillo do propietario pasaban uns días en Santiago.
A familia mercara a casa, no lugar de Vilar de Mouros, hai tres anos e levaba dende entón residindo nela.