Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lume que se declarou en Caldas de Reis tampouco dá tregua en Vilagarcía de Arousa

O lume que se declarou en Caldas de Reis tampouco dá tregua en Vilagarcía de Arousa

Algúns veciños foron desaloxados da casa por prevención

A UME participa nos labores de extinción

Imaxe de Secho tomada desde Caldas de Reis Imaxe de Secho tomada desde Caldas de Reis
G24.gal 04/08/2022 22:14 Última actualización 05/08/2022 06:30

Os efectivos de extinción de incendios continúan traballando arreo no incendio que se declaraba a pasada tarde na localidade pontevedresa de Caldas de Reis e se estendía á veciña Vilagarcía de Arousa, onde se realizaron evacuacións por prevención.

Desaloxáronse casas dos lugares de Aldea de Arriba e Castroagudín, na parroquia de Cea. O último que sabemos é que, grazas ao traballo dos efectivos de loita contra o lume, semella que
está algo máis afastado das vivendas. As lapas afectaron polo menos a unha empresa de ferralla situada preto do polígono industrial do Pousadoiro.

Máis de 250 hectáreas calcinadas

A primeira hora da madrugada a Consellaría do Medio Rural facilitaba un balance provisional de 250 hectáreas arrasadas. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, dicíalle á Radio Galega que esa cifra sería pronto superada: o forte vento dificultou moito os traballos dos equipos mobilizados para tratar de frear o avance do incendio.

Comezou na parroquia de Saiar e a Xunta activou a situación dúas de alerta pola proximidade das lapas ás casas no lugar de Porteliña. Na zona traballan, entre outros, brigadistas, axentes forestais e militares da UME.

A Garda Civil de Tráfico segue mantendo cortadas dúas estradas por mor deste lume: a variante de Vilagarcía e a PO-305, con desvíos habilitados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade