Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio forestal de Entrimo calcinou xa 200 hectáreas do Parque Natural do Xurés

O incendio forestal de Entrimo calcinou xa 200 hectáreas do Parque Natural do Xurés

O lume entrou desde Portugal e aínda permanece activo 

Nos labores de extinción lévanse mobilizado, polo de agora, 5 técnicos, 26 axentes, 43 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 11 avións.

G24.gal 04/09/2024 18:42 Última actualización 05/09/2024 10:12

O incendio forestal de Entrimo (Ourense), que entrou a Galicia durante a tarde deste mércores desde Portugal, queimou xa unhas 200 hectáreas do Parque Natural de Baixa Lima-Serra do Xurés, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural.

O lume orixinouse sobre as 20:30 horas do martes en Portugal e adquiriu unha gran virulencia por mor do vento.

Os medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta estiveron a colaborar con medios lusos e traballando na zona fronteiriza desde o primeiro momento.

A pesar dos esforzos, finalmente, o lume entrou en Galicia, aproximadamente, sobre as 17:00 horas deste mércores, pola parroquia de Venceáns, dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Nos labores de extinción deste incendio lévanse mobilizado, polo de agora, 5 técnicos, 26 axentes, 43 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 11 avións.

 

O incencio calcinou tamén unhas 1.000 hectáreas en territorio portugués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade