Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio, posiblemente orixinado intencionadamente, obriga a confinar un edificio de Narón

Un incendio, posiblemente orixinado intencionadamente, obriga a confinar un edificio de Narón

O lume empezou nuns colectores de lixo

G24.gal 02/02/2024 16:35 Última actualización 02/02/2024 16:43

O incendio de varios colectores de lixo obrigou a confinar os veciños dun edificio da Gándara, en Narón.

O lume estaba preto das vivendas e xa afectaba a fachada do inmoble.  Malia a virulencia das lapas, a rápida intervención dos bombeiros evitou que ningunha persoa resultara ferida.

A Policía Nacional xa investiga os feitos. Hai unha investigación en marcha para dar cos responsables porque todo apunta a que o incendio foi intencionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade