Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio provoca importantes danos materiais nunha explotación de Guitiriz

Un incendio provoca importantes danos materiais nunha explotación de Guitiriz

A palla acumulada superaba os seis metros de altura e tivo que ser retirada cunha pa mecánica para proceder a apagala xa no exterior

Lograron sacar a tempo toda a maquinaria que había no interior da nave, que quedou calcinada

G24.gal 13/09/2024 14:44

Os servizos de emerxencias extinguiron un lume que se declarou nunha palleira dunha explotación gandeira en Guitiriz
A palla acumulada superaba os seis metros de altura e tivo que ser retirada cunha pa mecánica para proceder a apagala xa no exterior.
 

Dentro da palleira, que está apartada do resto de instalacións, tamén había maquinaria que xa puideron sacar.

Un particular alertou ao 112 Galicia, dez minutos antes das 10 horas, de que ardía unha palleira de grandes dimensións no lugar de Rego Pequeno, nos Vilares.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a acción dos Bombeiros de Vilalba, dos GES de Friol-Palas e de Curtis, da Garda Civil, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Guitiriz.

Tamén colaboran o persoal do distrito forestal da zona, da Consellería de Medio Rural, e o propio Concello, que facilitou unha das pas mecánicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade