Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha incidencia mantivo suspendida dúas horas a circulación de trens no Eixo Atlántico

Unha incidencia mantivo suspendida dúas horas a circulación de trens no Eixo Atlántico

A avaría, ocorrida na noite deste xoves, afectou centos de usuarios que iniciaban a ponte festiva ou efectuaban os seus desprazamentos diarios

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 06/12/2024 11:13

Unha incidencia na infraestrutura ferroviaria en Galicia mantivo a circulación suspendida de trens no Eixo Atlántico durante máis de dúas horas na noite deste xoves, ata que se restableceu ao fío da medianoite, segundo informaron fontes de Renfe.

A avaría supuxo a suspensión da circulación entre as 21:45 e as 00 horas, o que afectou a centos de usuarios que iniciaban a ponte festiva ou efectuaban os seus desprazamentos diarios.

Segundo a información facilitada pola empresa pública de transportes, a incidencia afectou tres trens de Media Distancia, un con saída de Santiago de Compostela cara a Vigo, un de Vigo á Coruña, e outro da Coruña a Vigo, así como un AVE entre Madrid e Vigo que saía pouco despois das sete da tarde da capital.

Os atrasos medios provocados por esta incidencia foron dunha hora, segundo Renfe, aínda que a asociación de usuarios de trens de media distancia en Galicia referiu nas redes sociais algúns atrasos de case dúas horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade