Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mal partido de volta condena o Mecalia Guardés en Turquía

Un mal partido de volta condena o Mecalia Guardés en Turquía

Viaxaba á pista do Antalya con seis goles de vantaxe, pero perdeu con claridade por 33-20

G24.gal 07/05/2023 20:37

O Mecalia Guardés quedou ás portas de gañar o título da EHF European Cup. Levaba a Turquía seis goles de vantaxe pero non puido defendela e acabou perdendo por 33-20. 

Ben cedo comezaron as turcas do Antalya Konyaalti a marcar diferenzas no marcador cun 6-2 de saída. No Guardés só Sandra Santiago daba visto portería. Cunha porcentaxe baixo paus superior ao 50 %, as turcas seguiron aumentando a vantaxe; no minuto 20 xa chegaban aos seis goles (11-5) e foron ao descanso nove arriba (16-7).

No segundo tempo tentou sorprender cun cambio na defensa o Mecalia, pero o Antalya refíxose e conseguiu manter a diferenza arredor dos dez goles. Cunha primeira liña moi inspirada (Premovic anotou nove goles e Ikhneva, cinco) o Antalya foi abrindo unha meirande fenda conforme ían aparecendo os nervios no Mecalia. Ao final, un contundente 33-20 non deixou lugar a dúbidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar