Un milleiro de docentes obteñen praza fixa no sistema educativo galego
Un milleiro de docentes obteñen praza fixa no sistema educativo galego
Publicada a lista definitiva do último concurso de méritos
Galicia baixa a taxa de temporalidade na educación ata o 6 %
Máis dun milleiro de docentes teñen desde hoxe praza fixa no sistema educativo galego. A Xunta publicou a lista definitiva dos 1.156 mestres e profesores que superaron o último concurso de méritos.
Había 11.000 solicitudes. Con estas incorporacións, Galicia consolídase como a comunidade autónoma coa menor taxa de interinidade na educación. Faino ademais ano e medio antes do prazo límite fixado polo Goberno.
O conselleiro de Educación explicou que Galicia xa tiña a taxa máis baixa de España, un 8 %.
"Cando os novos profesores entren a traballar en setembro estará arredor do 6 %. Hai que ter en conta que a media de España está no 22 % e algunha comunidade está no 40 %", dixo Román Rodríguez.