Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home de 48 anos das Neves nun accidente en Salvaterra de Miño

Morre un home de 48 anos das Neves nun accidente en Salvaterra de Miño

O seu fillo, de 22 anos, resultou ferido de gravidade

As primeiras hipóteses apuntan a que un coche invadiu o carril contrario e acabou chocando frontalmente contra un camión

G24.gal 03/04/2024 18:52 Última actualización 03/04/2024 21:53

Un home de 48 anos faleceu e seu fillo de 22 resultou ferido grave nun accidente ocorrido esta tarde en Salvaterra de Miño.

O sinistro produciuse entre un camión de repartición de pequenas dimensións e un turismo ao redor das catro e media da tarde no quilómetro 14 da PO-510.

O 112 mobilizou a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Baixo Miño, a Policía Local e o 061, que enviou á súa vez un helicóptero medicalizado.

Pero os sanitarios enviados á zona non puideron facer nada pola vida dunha das persoas implicadas no accidente.

As primeiras hipóteses apuntan a que o coche invadiu o carril contrario e acabou chocando frontalmente contra o camión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade