Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave un traballador que caeu desde a cuberta dunha nave en Salvaterra do Miño

Ferido grave un traballador que caeu desde a cuberta dunha nave en Salvaterra do Miño

O operario de 56 anos precipitouse cando estaba a colocar un canlón no edificio

Foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en ambulancia

Hospital Álvaro Cunqueiro Hospital Álvaro Cunqueiro
G24.gal 09/09/2024 16:03

Un traballador de 56 anos, A.G.F., resultou ferido grave este luns tras precipitarse desde unha altura duns 9 metros, cando se atopaba na cuberta dunha nave en Salvaterra do Miño.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse arredor das 12:10 horas, cando o operario estaba a colocar un canlón. Un particular chamou a Emerxencias para alertar de que o ferido necesitaba asistencia sanitaria urxente.

Ao mesmo tempo, o 061 comunicou a mobilización do seu persoal a bordo do helicóptero con base en Ourense, aínda que finalmente o traballador foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en ambulancia de soporte vital básico con persoal de Atención Primaria.

No operativo, ademais do persoal de Urxencias Sanitarias, participaron efectivos da Garda Civil e de Policía Local de Salvaterra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade