Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida dun ancián nas vías do tren en Salvaterra de Miño

Atopan o corpo sen vida dun ancián nas vías do tren en Salvaterra de Miño

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento

G24.gal 26/07/2024 21:22

Un particular atopou este venres o corpo dun home nas vías do tren en Salvaterra. O achado produciuse arredor das sete e media da tarde no luar da Barca, na parroquia de Porto. 

Enseguida, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Ponteareas.

Nese momento, o persoal de ADIF cortou a circulación ferroviaria no punto mentres duraron os traballos dos servizos de emerxencias.

Finalmente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade