Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mozo queda ferido tras ser atropelado na Coruña cando ía nun patinete

Un mozo queda ferido tras ser atropelado na Coruña cando ía nun patinete

Chocou cun turismo no acceso á glorieta

G24.gal 26/10/2021 14:40

Un mozo tivo que ser trasladado a un hospital despois de sufrir un accidente na Coruña. Conducía un patinete eléctrico. Foi nos Rosales, entre as rúas Azaña e Castelao, á primera hora da mañá.

Chocou cun turismo no acceso á glorieta. Aínda non había luz e parece que o condutor do coche non viu o mozo no patinete e, aínda que o choque foi moi leve, levou un golpe ao caer.

Sufriu feridas na cabeza e mancouse nun pé, e a Policía Local considerou necesario trasladalo a un hospital a facerlle unha exploración.

As autoridades lembran a importancia do uso do casco nestes vehículos e de ter en conta as malas condicións de visibilidade e portar pezas de roupa vistosas, que, aínda que non son obrigatorias, son moi recomedables para evitar accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade