Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un neno recupera material instrumental roubado en Tomiño

Un neno recupera material instrumental roubado en Tomiño

Atopou o botín agochado nun parque de Goián

G24.gal 28/10/2021 14:18

A intervención dun neno resultou decisiva na recuperación de varios instrumentos musicais roubados hai uns días en Tomiño. O valor do material subtraído ascende a uns 7.000 euros.

Romperon o vidro da porta para acceder á oficina do auditorio. Como atoparon poucos cartos, os ladróns remexeron todo e decidiron levar parte dos instrumentos da escola de música. Unha perda de miles de euros para a banda.

Despois de fuxir cos instrumentos, algúns bastante voluminosos, deixáronos agochados nun parque a carón do auditorio. Alí os atopou un neno que estaba xogando, e a súa nai alertou do achado.

A Garda Civil xa buscou pegadas no lugar e tomou mostras dos restos de sangue que os ladróns deixaron ao seu paso, para dar cos autores do asalto. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade