Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un novo caso de violencia policial contra un home negro volve sacudir os EUA

Un novo caso de violencia policial contra un home negro volve sacudir os EUA

As imaxes do suceso recollen como un axente dispara e mata á vítima cando xa estaba no chan, de costas e inmobilizada

G24.gal 15/04/2022 09:39

A historia repítese. Protestas nos Estados Unidos contra o último caso de brutalidade policial contra un mozo negro.

Esta vez piden a xustiza para Patrick Lioya, de 26 anos. Parouno a policía o 4 de abril en Grand Rápis, Michigan, por unha infracción leve de tráfico, como recolleron varias cámaras. 

Lyoya preguntou pola documentación a outra persoa que estaba dentro do coche pero despois dirixiuse á outra parte do vehículo. A policía agarrouno e el intentou fuxir. Comezou o forcexo e nun momento dado o axente saca a súa pistola eléctrica. Lyola acaba no chan co policía sobre o lombo. E finalmente o disparo.

Os vídeos publicáronse este mércores e foi cando prendeu de novo a indignación. Os manifestantes queren que se faga público o nome do axente que disparou pero non se coñecerá a non ser que haxa cargos. De momento está en baixa administrativa pagada e non lle imputan ningún delito. 

"O vídeo amosa claramente o que foi un uso excesivo e innecesario de violencia sobre un home desarmado", dixo o avogado que representa á familia de vítima, Ben Crump, un coñecido defensor dos dereitos civís, que tamén levara o caso de George Floyd

Os pais de Patrick marcharan do Congo como refuxiados con seis fillos para escapar da violencia. E tralo asasinato dun deles, din que agora temen que os levaran os Estados Unidos para morrer. 

A investigación está en marcha e as autoridades limítanse a falar de traxedia horrible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade