Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un pedazo de océano na comarca da Limia da man da exposición 'Mar de Antela'

Un pedazo de océano na comarca da Limia da man da exposición 'Mar de Antela'

Dez grandes figuras de cartón en tres dimensións reproducen, a imaxe dos museos de historia natural, varias especies da fauna mariña galega

G24.gal 18/10/2023 14:25

En plena comarca da Limia é posible atopar un pequeno pedazo de mar. É o que fixeron realidade os alumnos do instituto Lagoa de Antela. Dez grandes figuras de cartón en tres dimensións reproducen, a imaxe dos museos de historia natural, varias especies da fauna mariña galega.

Xuntáronse a bioloxía e a tecnoloxía para trasladar os océanos ao mesmo centro da Limia. 

"As quenllas, as tartarugas, a tartaruga de coiro, a quenlla común, a candorca…, infinidade de animais".

Un proxecto escolar onde participaron máis dun cento de alumnos e que acabou por se transformar en todo un reto para eles.

"Empezámolo no segundo trimestre facendo unhas figuriñas de barro, escaneándoas e despois facéndoas. Tiñamos que calcar as partes dos animais, recortalas e despois unímolas cos tacos pegando".

Dez figuras de cartón penduradas a máis de seis metros e medio de altura converteron este corredor de instituto nun pequeno museo de historia natural. 

"Cando nos dixeron as dimensións foi o que máis nos sorprendeu, que as dimensións dos animais fosen tan grandes, non pensabamos que ía quedar así".

Así que agora toda esta fauna mariña pendura vixiantes nunha permanente clase de bioloxía e tecnoloxía para os alumnos.

"Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas, tanto da tecnoloxía como dos animais. Descubrimos un montón de novas especies. A verdade é que quedou moi ben e que parece como un mar".

"Hai un motor que non é un libro nin un profesor, senón un proxecto que é o que te está motivando a querer saber cousas, a aprender, a descubrir", apunta Horacio González, profesor de Educación Plástica. 

Din que o traballo foi moito. Todo un ano. Pero que paga a pena e que quedaron con ganas de máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade