Un problema na sinalización provoca atrasos nos trens entre A Coruña e Santiago
Un problema na sinalización provoca atrasos nos trens entre A Coruña e Santiago
Algúns traxectos estanse a facer por estrada, segundo informa a propia compañía
Unha incidencia que afecta a sinalización entre Uxes e Cerceda-Meirama afecta os trens que circulan entre A Coruña e Santiago de Compostela, con atrasos medios de 20 minutos. Persoal de Adif está a traballar para solucionar esta incidencia canto antes. Así o informa Adif nas súas redes sociais.
Una incidencia que afecta a la señalización entre Uxes y Cerceda-Meirama afecta a los trenes que circulan entre A Coruña y Santiago de Compostela con retrasos medios de 20 minutos. Personal de Adif está trabajando para solucionar esta incidencia lo antes posible.
— INFOAdif (@InfoAdif) August 12, 2024
A compañía informa ademais aos seus usuarios vía correo electrónico que "debido a unha incidencia operativa" algúns traxectos de media distancia entre A Coruña e Vigo se están a facer por estrada.
A media tarde, Adif daba a incidencia por solucionada. A pesar diso, os primeiros traxectos da noite seguiron facéndose en bus.