Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un río atmosférico deixará chuvia forte e persistente este mércores

Un río atmosférico deixará chuvia forte e persistente este mércores

As provincias da Coruña e Pontevedra e as zonas montañosas de Ourense e Lugo, baixo aviso amarelo

Espéranse acumulacións de ata 40 litros en 12 horas e temperaturas suaves de entre 16 e 22 graos

Día de chuvia en Santiago de Compostela Día de chuvia en Santiago de Compostela
G24.gal 01/10/2024 16:31 Última actualización 02/10/2024 08:12

Galicia espera a entrada dun río atmosférico este mércores que deixará intensas e xeneralizadas precipitacións ao longo de toda a xornada, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra e na montaña de Ourense e Lugo, que estarán en aviso amarelo.

A predición de Meteogalicia apunta a un mércores de forte choiva similar ao vivido ao mesmo día da pasada semana, en que a comunidade galega experimentou unha xornada moi húmida.

Aínda que desligado da tormenta Isaac que atravesa o Atlántico, un río húmido de latitude moi baixa procedente do Caribe traerá a choiva a Galicia nun mércores de temperaturas suaves, con mínimas de entre 16 e 18 graos e máximas de ata 22 graos centígrados.

As precipitacións manterán en aviso amarelo ás provincias da Coruña e Pontevedra e nas zonas montañosas de Lugo e Ourense, onde se esperan acumulacións de auga de ata 40 litros en 12 horas.

Agárdase unha mellora da estabilidade a medida en que caia a noite do mércores, que dará paso a un xoves no que entrará un anticiclón que deixará tempo seco de fronte ao final da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade