Un tremor de magnitude 3,5 sacode a montaña lucense co arranque do ano
Un tremor de magnitude 3,5 sacode a montaña lucense co arranque do ano
O sismo tivo o epicentro entre os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel
Un terremoto de magnitude 3,5 sacudiu a montaña lucense. Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o tremor rexistrouse cando apenas transcorrera unha hora e media do primeiro día do ano.
O sismo tivo o seu epicentro a 22 quilómetros de fondura, nesta zona onde conflúen os concellos de Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Samos e Triacastela. Tanto aquí coma noutras partes da provincia, e tamén do Bierzo, foron moitos os veciños que sentiron tremer a terra.
Canto máis preto do epicentro, entre os lugares de Teixeira e Louzarela, máis se percibiu o tremor da terra. A veciñanza da contorna chegou a preocuparse, pero por sorte non se rexistraron incidencias.
Aínda que de menor magnitude, tamén se detectaron, horas antes, movementos sísmicos nos concellos ourensáns de Baños de Molgas e Padrenda.