Cargando resultados...
Un suplicio para Tariku Novales
Un suplicio para Tariku Novales
Dende a preparación ata a carreira todo foron problemas para o atleta galego
G24.gal
10/08/2024 12:25
O galego Tariku Novales non puido dar a súa mellor versión nos Xogos Olímpicos. O especialista en probas de fondo sufriu dende a preparación, onde tivo infinidade de problemas médicos, ata a carreira.
Comezou de boa maneira, achegándose á cabeza da carreira, pero a partir de aí, e sumado aos problemas de preparación, converteuse nun suplicio. Tivo un problema coas bicicletas da organización, no avituallamento tivo moitos problemas, como di el "todo o que entraba saía", e para rematar, problemas físicos en diversas partes do corpo, no abdutor problemas musculares, e rematou a proba cos pés ensanguentados.